|
CULTURA E TRADICIÓN Debido a que no pasado foi punto de encontro de diversos pobos e civilizacións, Ribadavia é unha vila de gran tradición cultural en Galicia. Foco de importantes celebracións e acontecememtos de ámbito internacional, ao longo de todo o ano, a Capital do Ribeiro convértese nun punto de referencia lúdico-cultural. |
|
|
|

|
Variable entre a última semana de Abril e a primeira semana de Maio. Declarada de Interese Artístico Nacional. Concursos, catas, conferencias, actos culturais e demostracións vinícolas. Exposicións das adegas do Ribeiro e empresas agrícolas. Actividades musicais e folclóricas. |

|
|

|
Último sábado de Agosto. Declarada de Interese Turístico Nacional. Festa de tradición histórica da vila de Ribadavia que durante un día se mergulla na Idade Media, vestíndose coma na época e representando a historia da vila, antiga capital do Reino de Galicia, durante un día. A moeda que se emprega de modo oficila é o maravedí. |

|
|

|
Sobre a segunda quincena do mes de Xullo. Durante máis dunha semana grupos de todo o mundo representan e estrean as súas obras no conxunto histórico de Ribadavia e no Castelo. É por antigüidade e tradición a máis importante de Galicia. |

|
|

|
Celébranse as fins de semana dos meses de Xullo, Agosto e Setembro no Auditorio ao aire libre do Castelo. Música, teatro, folclore e actividades culturais dan sabor ás noites veraniegas de Ribadavia. |

|
 |
Entre Setembro e Outubro O Ribeiro convértese nunha festa da recolección de uva e o viño novo. |

|
 |
Actos relixiosos e procesións con imaxes barrocas. Son moi tradicionais as procesións do
""Encontro"", ""Os Caladiños"" e "o "Santo Enterro"". Existe unha saborosa variedade de doces e pratos típicos para estas datas: bica, rosquillas, amendoados e roscón de Pascua. |

|
|

|
Sobre a primeira quincena do mes de Setembro. Actos relixiosos, procesións e unha gran romería con devotos chegados de todos os pobos do Ribeiro e Galicia para venerar á Virxe do Portal. Actuacións culturais, musicais, deportivas e folclóricas. |

|
 |
Desfiles de charangas e comparsas o domingo e martes de carnaval, concursos e premios. Gastronomía e repostería típicas da festa: orellas, filloas, pan de brona, lacón con grelos, cachucha e tostadas de leite. |
 |

|
Celébrase o 29 de Abril, é o avogado dos casos imposibles e do mal de ollo. No templo de Santo Domingo concéntranse fieis de toda Galicia. Repostería tradicional: bicotas (figuras de doce que se mercan para logo bendecir e comer) |

|

|
Celébrase o 13 de Xuño no convento de San Francisco. |

|

|
MÁIS
CULTURA E TRADICIÓN •
DURANTE O MES DE XULLO E AGOSTO
Celébranse festas gastronómicas e romerías en todo o Ribeiro as máis destacables son:
"FESTA DO PEMENTO" en Arnoia,
"FESTA DA VENDIMIA" en Leiro. •
FEIRAS E MERCADOS
Todos os meses os días 10 e 25. •
REPOSTERÍA TRADICIONAL
Rosquillas, melindres, almendrados, bicas, roscón, cañitas, cocos e doces hebreos. |