DESCUBRE
RIBADAVIA As mornas noites de primavera e verán no Castelo, nas esteritas rúas do conxunto histórico e nas porticadas praziñas abertas ao río Avia, permiten apreciar fermosas siluetas e perfís da vila medieval, deixando paso en inverno a un fresco e misterioso soño branco, que cautiva espíritos románticos e cultos.
Dotada de paisaxes inesquecibles e dunha natureza exuberante, Ribadavia permite disfrutar durante todo o ano do esplendor da Comarca do Ribeiro e dos seus inimitables viños.
Aconsellable: en primavera e verán pódese disfrutar dun bo viño nas terrazas das prazas ao solpor e pola noite. PRODUCTOS TURÍSTICOS E OFERTAS Son moitas as actividades que se soen realizar en Ribadavia, organizadas pola oficina municipal de turismo ou por asociacións e empresas para o disfrute do visitante e turista, destacar as seguintes: •
"RIBADAVIA COS SENTIDOS: O OUVIDO, A VISTA, O TACTO..."
Percorrido co que o visitante descubrirá, paso a paso, o legado do esplendor medieval dunha vila antaño capital do antigo Reino de Galicia, centro neurálxico do comercio vitivinícola dende tempos ancestrais...Así, en torno ao viño do Ribeiro, estreitaron as súas mans diferentes pobos e culturas no transcurso dos tempos, legándonos un conxunto histórico-artístico rebosante dun conxunto de igrexas románicas e Pazos da nobreza e fidalguía galega e castelá, cos seus blasóns, as súas anécdotas, as súas personaxes, as súas lendas... Prezo: 1,5 €/pax. (entrada a monumentos). A visita é gratuita.
• "RIBADAVIA COS SENTIDOS: O OLFATO, O GUSTO..."
O visitante poderá degustar os exquisitos productos típicos da Comarca do Ribeiro: chourizos ao viño, pulpo "á feira", pementos de Arnoia, doces hebreos, rosquillas, melindres... sabiamente acompañados, por suposto, cos nosos mellores viños con denominación de orixe (D.O Ribeiro).
Prezo: dende 10€/pax.
• "O RIBEIRO DOS CINCO SENTIDOS"
RPercorrido que abrangue toda a Comarca do Ribeiro acompañados por un guía de ruta, visitando paisaxes únicas, igrexas románicas, Pazos, aldeas medievais, adegas tradicionais.... ademais da degustación gastronómica de sabrosos da terra.
Prezo: dende 18€/pax. •
"RUTA POLA HISTORIA DO VIÑO"
Esta ruta constitúe un dos máis famosos percorridos pola Galicia máxica e medieval, visitando frondosas paisaxes de viñedos e bosques autóctonos, pobos medievais, vellos pazos, mosteiros e igrexas románicas.
Duración: Esta ruta pode realizarse pola mañán ou pola tarde, e ten unha duración de entre 4 e 5 horas.
PRECIOS:
26,50 €/pax. Grupos de 5 persoas.
21,50 €/pax. Grupos de 6 a 10 persoas.
15,00 €/pax. Grupos de 11 a 15 persoas.
12,00 €/pax. Grupos de 16 a 20 persoas.
10,25 €/pax. Grupos de 21 a 30 persoas.
08,50 €/pax. Grupos de 31 a 40 persoas.
06,50 €/pax. Grupos de 41 a 60 persoas.
O prezo inclúe: Guías durante o percorrido, visitas a adegas e degustación de viños, visitas guiadas a Ribadavia, aldeas medievais do Ribeiro e mosteiros, degustación de doces hebreos e licores da zona (único lugar de España onde se elaboran).
*O transporte corre por conta dos clientes, podendo ser concertado aparte. 
|