Versión en GalegoVersión en EspañolEnglish version

info@ribadavia.com 

ENLACE:
http://www.ribadavia.net
 

¡Ribadavia, alma "diviña"!

A vila medieval de Ribadavia é a capital da histórica comarca do Ribeiro, onde se produce o famoso e mítico viño tan loado por reis e poetas dende tempos inmemoriables.

O seu conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural, está formado por un entramado de tradicionais "rúas" de carácter medieval, un manto de pedra por onde pasear convértese nun pracer para os amantes da historia. Un percorrido cheo de sorpresas onde destacan o Castelo dos Sarmiento, o Barrio Xudeo, os museos e numerosas igrexas de diferentes épocas e estilos. Un conto de pedra amparado por unha variada paisaxe de viñedos e regatos de suxerente contemplación, que converten a Ribadavia nun museo vivo cheo de contrastes e historia.

Atrévete a cruzar a porta que conduce ao benestar, onde é posible provar os saborosos viños de autor acompañados pola saborosa gastronomía ribeireña, ou relaxarse nas cálidas augas dos nosos balnearios mentres se disruta dun merecido descanso.

Se é vostede un apaixoado da natureza, da historia, da cultura e da gastronomía, a Capital do Ribeiro ofrécelle mil posibilidades de pasar unha estancia, breve ou longa, inolvidable. ¡veña a Ribadavia!

Calquera información adicional podese solicitar na oficina de Información e Turismo: (+34) 988 471275

Domingo 24 de Abril
20º DÍA DA BICI

Xoves 21 de Maio
"FACENDO MÚSICA": Concerto infantil

Sábado 16 de Maio
HOMENAXE O ESCRITOR XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO

Venres 15 de Maio
CINEMA DIXITAL: A lingua animada

Máis novas »
Home

   © 2003 Grupo5.com