|
LOCALIZACIÓN
Ribadavia atópase no sur de Galicia (noroeste de España) entre as cidades de Ourense e Vigo.
A fermosa Floravia, como a chamaba Otero Pedrayo, aséntase nun promontorio rocoso nas marxes do río Avia, que desemboca no Miño moi perto da vila nunha fermosa paraxe natural próxima ao Conxunto Histórico.
Ben comunicada coas principais cidades da Galicia e España, Ribadavia atópase a tan só 40 minutos das praias atlánticas (Rías Baixas), a 25 km da cidade de Ourense (a Atenas de Galicia), e a 90 km de Santiago de Compostela.
Por autoestrada ou ferrocarril é moi doado chegar á cidade do Ribeiro, que conta con estación propia de autobús e tren, e co aeroporto de Vigo a 60 km.

|