info@ribadavia.com 

 

RIBADAVIA MONUMENTAL

A capital do Ribeiro conserva un conxunto histórico-artístico único en Galicia pola súa peculiar fisionomía arquitectónica e o seu sabor medieval. Da súa gloriosa historia quédannos os seus pazos, as súas casas blasonadas, as súas rúas, as súas igrexas e conventos e, por suposto, as súas tradicións e festas, sendo o viño a súa razón de ser e o auténtico protagonista dende fai máis de 1.100 anos.

RELACIÓN DE MONUMENTOS DE INTERESE

-Pazo dos Condes de Ribadavia (SS.XVII-XVIII)
Pazo barroco que pertenceu á familia Sarmiento, que se establecen nesta vila ao serlles concedido o señorío de Ribadavia e o título de "Adiantados Maiores do Reino de Galicia" en 1375 polo Rei Enrique II a favor de D.Pedro Ruiz Sarmiento. A familia Sarmiento recibiu en 1476 o título de Condes de Ribadavia, concedido polos Reis Católicos en pago pola axuda prestada na Reconquista e na toma de Granada. O título perdeuse no ano 1948 ao morrer o XVIII conde. Situado na Praza Maior da vila, unha boa parte do pazo condal é utilizado hoxe como Oficina de Turismo, Centro de Información Sefardí e xulgado. Na súa fachada figuran varios escudos dos Sarmiento (trece bezantes de ouro), destacando o escudo e a coroa condal onde aparecen tamén as armas dos Castro e Mendoza. Ten o edificio dous patios interiores, un deles asoportalado que comunica co Castelo.

-Casa Consistorial e Torre do campanario (S.XVI)
Comezouse a construcción no ano 1545 e rematouse en 1555 para acoller a alhóndiga e ás reunións do Concello da vila. Do edificio antergo consérvase a torre, formada por tres corpos superpostos. No primeiro atópase a porta con arco e as primitivas escadas de entrada; no segundo pódense observar dous escudos, un en branco e outro o oficial de Ribadavia (S.XVI), representado por unha fortaleza con ponte de tres arcos, o río Avia, o sol, a lúa e dúas ás nos laterais. No terceiro corpo atópase o reloxo de sol do ano 1733 e por riba o reloxo de corda do ano 1902, destacando tamén o artístico campanario de ferro labardo.

-Portas da muralla (SS.XIV-XV)
Según algúns autores a muralla protexía á vila no S.XII, ampliándose nos SS.XIV e XV. A súa demolición, en cambio, comezou en 1832 e á causa de dificultades económicas nunca se rematou na súa totalidade. Actualmente a muralla, en certos sitios, acada os 5 metros de altura, conservándose 3 das cinco portas primitivas.
1 -A porta da Cerca (Oeste) protexida por cubos de máis de 3 metros de diámetro. Na rúa Progreso.
2 -A Porta Nova ou Porta de Celanova (Sur) con saída ao río Miño.
3 -A porta Falsa ou Postigo (Sureste), con saída ao muíño. 

-Igrexa de Santa María Magdalena (S.XVIII)
Coñecida antes como parroquia de San Xés, a súa orixe está datada no S.XII., cando se atopaba no interior do Castelo. O edificio actual pódese datar no S.XVIII, con fachada barroca na que destaca o campanario. Tras o decreto de expulsión dos xudeos promulgado polos Reis Católicos en 1492, a igrexa de San Xés transladouse ao Barrio Xudío para dar culto aos xudeos conversos, pasando a chamarse dende entón templo da Magdalena.

-Rúa dos Fornos ou Extramuros (Ss.XII e XV)
Esta rúa, unha das máis antergas e tradicionais da vila, debe o seu nome ao número de panaderías que existían no lugar.

-Igrexa de Santiago (S.XII)
Este magnífico exemplar do románico popular galego (fins do S.XII) con torre barroca, foi a parroquia máis anterga de Ribadavia. Destaca todo o edificio pola riqueza decorativa e arística que posúe, así coma os arcos e a fachada de nobres proporcións cun fermoso rosetón de 24 arcos. No seu interior pódense ver numerosas imaxes barrocas de gran valor artístico, sendo de especial importancia un santiago sedente de pedra do S.XIV, da escola do Mestre Mateo.

-Museo Etnolóxico de Ribadavia ( Pazo do S.XVIII)
Este edificio que foi antigamente pazo do Marqués de Bahamonde. Alberga actualmente o museo Etnolóxico, presentando exposicións temporais e unha excelente colección etnográfica. Asimesmo posúe un dos mellores fondos bibliográficos en temas etnográficos e históricos de Galicia.

-Ponte de San Francisco (S.XIII)
Según algúns estudiosos esta ponte foi construída polo frade dominico Frai Pedro González Telmo, coñecido popularmente como "San Telmo" no S.XIII. As reformas máis importantes realízanse no S.XVI e durante o S.XX. cando se acondiciona para o tráfico de automóviles, dotándoo de beirarrúas para peatóns.

-Ponte de ferro (S.XIX)
Esta ponte foi construída a finais do S.XIX. para que circulase o ferrocarril. O seu estilo reflexa a influencia de Eiffel, igual que outras pontes realizadas nesta época en Galicia e Portugal.

seguinte >>

Porta Falsa

Porta Nova

Igrexa de Santiago

Escudo

Plaza. da Magdalena

Tellado

Home

   © 2003 Grupo5.com