info@ribadavia.com 

 

NATUREZA E OCIO

MÁXICA E NATURAL

Ribadavia non só é historia e cultura, trátase dun lugar ideal para evadirse e recrearse en fermosos vales, montañas, lagos e regatos de plácidas augas cristalinas. Paisaxes cheas de contrastes e de variedades cromáticas, balnearios e fragas centanarias.

OCIO E TEMPO LIBRE

Aquí atoparás a posibilidade de facer a túa actividade preferida. Se che gusta a auga, polas actividades náuticas (piragüismo, vela, remo, windsurf...) no río Avia ou no náutico de Castrelo de Miño.

Se prefires montaña e a natureza, entón o sendeirismo a través de míticas rutas medievais como a "Ruta da historia do viño e do románico", a escalada no conxunto megalítico de Pena Corneira, as rutas en BBT ou simplemente o paisaxismo, ou ben percorridos en catamarán polo río Miño que te sumerxirán nun entorno atractivo e idílico.

Visitar a fraga autóctona de Ridimoas, percorrer o cañón do Avia, introducirse por covas e pasadizos de orixe celta, descubrir pobos milenarios, tocar o ceo no Suído ou disfrutar do baño en augas cristalinas. Así é Ribadavia, así é O Ribeiro, natureza, maxia, ocio e aventura mestúranse.

ACTIVIDADES NA NATUREZA

Actividades Dispoñibles: piragüismo, remonte de ríos, descenso de barrancos, rutas medievais, escalada, rappel e actividades ecuestres.

ENTIDADES QUE REALIZAN ACTIVIDADES

-
TURANCO
Asociación artístico-cultural que realiza rutas de sendeirismo, campamentos xuvenís e a famosa "Ruta pola historia do viño". Tfno de contacto. (+34) 988 47 12 75 (Antonio) e-mail: turanco@terra.es 


- CLUB NÁUTICO DE CASTRELO DE MIÑO
Entidade que realiza actividades de vela, piragüismo, remo e paseos fluviais no parque náutico de Catrelo a 4 Km de Ribadavia. Tfno. (+34) 988 49 31 14

- ARREPIONS
Empresa adicada a realizar actividades de ragting, hidrospeed, kayak e outras relacionadas con deportes de aventura e ocio no río. A súa base de operacións está na localidade de Arbo a 25 Km de Ribadavia.

- AUTNA
Empresa que explota el catamarán Río Miño que hace recorridos por el río Miño entre Frieira y Ribadavia. Tfno. 670 88 09 43 – 629 21 11 84

- ACTUAR
Esta empresa fai percorridos no catamarán de Arnoia, que fai a ruta Arnoia (4 Km de Ribadavia)-Cortegada. A ruta polo río Miño recibe o nome de "Ruta dos Balnearios". Tfno. (+34) 988 49 24 00

- FACENDA HÍPICA DON ISMAEL
Situada na localidade de Salamonde (20 Km de Ribadavia), esta empresa dispón dun picadeiro para realizar actividades ecuestres e rutas a cabalo. Tfno. (+34) 988 36 13 99

- MONTAÑA E ACCIÓN
Esta empresa realiza actividades de montañismo, sendeirismo, escalada, descenso de cañóns, travesías, etc. nas montañas e ríos da Comarca do Ribeiro. Tfnos. (+34) 988 23 61 50 – 609 11 00 60

O practicante deberá ir provisto de roupa adecuada para cada actividade. A inscripción inclúe material, monitor, seguro e transporte.

PRAIAS FLUVIAIS

Existen numerosos lugares para disfrutar do baño ou dun bó descanso á sombra dunha arboreda nas numerosas áreas recreativas fluviais e regatos de augas claras e transparentes que percorren a xeografía de Ribadavia e os seus arredores.

- A Veronza
Magnífica praia fluvial, piscinas, área recreativa, parque infantil, reataurantes, aparcamento, zona polideportiva, etc. con todos os servizos e actividades en torno ao río Avia, moi perto do núcleo histórico de Ribadavia.

- ÁREA DO MUÍÑO
No río Avia, ao lado do muíño da Raíña (dominado pola muralla da vila) hai unha ampla área frecuentada por numerosos bañistas que buscan tranquilidade e un bó chapuzón nas pequenas pozas que se forman entre as rocas e os areáis.

- POZAS DE FRANCELOS
Fermoso lugar natural formado por pozas de augas cristalinas e pequenas cascadas no medio de rocas e pedras onde se pode disfrutar dun refrescante baño ou simplemente do encanto do lugar. A 1 Km de Ribadavia. No río Outeiro.

- Pozas de Prexigueiro
Na aldea de Prexigueiro a 3 Km de Ribadavia atópase o río Ceves, un regato de pequenas pozas de pouca profundidade para disfrutar en familia de augas limpas e claras. Ao lado atópase un pequeno balneario de augas termais moi apreciadas.


Outras praias fluviais ou zonas para o baño e descanso na Comarca do Ribeiro

- PRAIA FLUVIAL DO RÍO VALDERÍAS
No termo municipal de Avión, a 20 Km de Ribadavia, na zona montañosa do Ribeiro. Trátase dun lugar idóneo para o descanso e un refrescante baño no río Valderías.


- ÁREA RECREATIVA DO INQUIAU
Gran área fluvial e recreativa no municipio de Arnoia (a 5 Km de Ribadavia) nas beiras do río Arnoia.


- PRAIA FLUVIAL DE LEIRO
Bonita zona recreativa e fluvial nas beiras do río Avia, na vila de Leiro (a 8 km de Ribadavia), recomendada para o descanso e o disfrute en familia.


- PARQUE NÁUTICO DE CASTRELO DE MIÑO
A 4 km de Ribadavia atópase un gran lago formado polo encoro de Castrelo de Miño. Convertido en parque náutico, pódense realizar todo tipo de actividades: vela, windsurf, remo ou piragüismo. Dispón de piscina, zona de aparcamento e, en breve, de camping e hotel.


- POZAS DE MELÓN
Na zona montañosa da Comarca do Ribeiro atópanse as pozas do río Cerves, no municipio de Melón (a 8 km de Ribadavia). Trátase de pequenas cascadas que forman pozas de auga moi claras e limpas ás que se accede a pé por un sendeiro.


ALMA TERMAL

Dotada de abundantes recursos termais, O Riberio constitúe un lugar único para disfrutar de augas cun poder de curación e relaxación coñecido dende fai séculos. En balnearios tradicionais dotados de bañeiras con hidromasaxe, ou en vilas termais con todo tipo de adiantos e tratamentos para a saúde, a beleza e o descanso. Bañarse en piscinas interiores ou exteriores mentres se disfruta dunha fermosa paisaxe ou se toma unha refrescante bebida é todo un pracer.

TERMAS DE PREXIGUEIRO
Balneario sinxelo construido en granito, dotado de bañeiras con hidromasaxe. As augas son hipertermais da gran calidade e caudal consideradas entre as mellores de Galicia. O balneario está situado nunha fermosa paraxe natural no pobo de Prexigueiro, a tan só 3 km de Ribadavia. Tfno de contacto: (+34) 988 47 09 50

OUTROS BALNEARIOS
VILA TERMAL DE ARNOIA: A 4 km de Ribadavia. Tfno: (+34) 988 49 24 00. 0
BALNEARIO DE BERÁN: A 6 km de Ribadavia. Tfno: 679 19 68 53
VILA TERMAL DE LAIAS: A 7 km de Ribadavia. Tfno:
(+34) 988 28 04 09
BALNEARIO DE CORTEGADA: A 18 KM DE Ribadavia. Tfno: 679 19 68 53

Home

   © 2003 Grupo5.com