info@ribadavia.com 

 

PERSOAXES ILUSTRES

Dentro da vida social e política temos a:

JOSÉ MARÍA CHAO RODRÍGUEZ

Naceu en Leiro no 1790; Farmacéutico. Estudou na escola de Farmacia de Santiago de Compostela e participou no Batallón Literario. Foi practicante de farmacia militar ata o ano 1814. Rematada a guerra, terminou os seus estudios de Farmacia e estableceuse en Ribadavia, onde iniciou una intensa actividade política antiabsolutista. En 1826 abriu unha botica en Vigo e prosegiu coas suas actividades políticas, po-las que foi perseguido. No 1835, o gobernador de Pontevedra deulle una comisión para realizar fumigacions de buques sospeitosos de ser focos de contaxio de enfermidades infecciosas.
Posteriormente, a Xunta Gobernativa de Santiago de Compostela nombrouno boticario do Gran Hospital compostelano, e a Xunta Central de Galicia designouno catedrático de Farmacia Experimental do Colexio de Farmacia o cal se pretendía reabrir na Universidade. En 1850, o ministeiro nombrouno profesor de Química e Historia Natural da Escola do Porto de Vigo.
Tivo una destacada actuación na epidemia de cólera que padeceu a provincia de Pontevedra oredor de 1850, polo que recibiu o recoñecemento da Xunta de Sanidade. Por este motivo publicou “Específico contra la Cólera”(1854), no que se expoñen os síntomas do cólera e o seu método curativo. Esta preocupación polo tema sanitario , manifestada tamén nas denuncias contra a violación das disposicions sanitarias e as irregularidades que se cometían na leprosería da Isla de San Simón, provocou que a Xunta provincial de Sanidade lle confiase a dirección facultativa do botiquín que debía establecerse nesa leprosería e suministración das fumigacions. Morreu en Vigo no 1858.


A FAMILIA PARDO

Familia de gran peso social durante o seculo XIX na sociedade ribeirana; donos do pazo de Casaldereito, a mais rica tanto en terras como en rentas dese siglo, entre os que destacan:

- D. JOAQUÍM PARDO RODRÍGUEZ

Licenciado en dereito e abogado, tera una fugaz participación na política como diputado provincial, pero dedicarase en corpo e alma o coidado das suas tierras.

- D. JOAQUÍM PARDO OSORIO

Serviu como cadete na guerra Da Independencia no año 1808, alcanzando o grado de tenente no 1811 e de capitán no 1819.
Durante o Trienio estivo nas provincias vascas as órdes do general D. José Mª Torrijos, mais tarde sería capitán da milicia urbana da Coruña en 1834 e no mesmo ano primer oficial do seu Gobierno Civil.
Volverá a política activa, en calidade de Diputado Provincial, no bienio progresista.
Abandoou a sua carreira política para coidar Casldereito.

- D. RAMÓN PARDO

Xuiz e maxistrado da primeira instancia de Guadalaxara no 1838.
Foi diputado en Cortes no año 1837 e despois do bienio progresista, etapa na que chegou a ocupar a praza de maxistrado na Audiencia de Madrid en Maio do 1856, compatibilizando tal función coa suas obrigas parlamentarias.

D. EDUARDO GARCÍA PENEDO

Alcalde de Ribadavia no seculo XIX.
Xoven de brilante porvir, distinguese como un dos abogados de mais nombría en Ribadavia.
Durante uns cortos años dirixiu a nave municipal.

EDUARDO CHAO

Naceu en Ribadavia o 5 de Novembro de 1821, comenzou os seus estudos en Vigo e logo cursou Farmacia nas Universidades de Santiago e Madrid. A sua vida e obra podese estudar en tres aspectos: o político, o literario e o galego.
Trasladouse coa sua familia a Vigo por motivos políticos e cursou os estudos nesta cidade ata que se foi a Santiago de Compostela onde empezou a carreira de Farmacia; alí participou na acción de Lavacolla contra os carlistas; posteriormente colaborou na defensa do sitio da praza de Vigo por parte do comandante-general de Pontevedra.Trasladouse a Madrid, onde se licenciou en Farmacia e comenzou a sua carreira periodística como redactor da “Gaceta”. En 1854 foi elexido diputado por Ourense para as Cortes constituintes, que por primeira vez non eran absolutamente monárquicas. Participou, xunto cos sarxentos do cuartel de San Gil, no levantamento popular de 1866 e Sepembro de 1868, viaxou por toda Europa e axudou a organizar o movemento liderado polo general Pierrand no Alto de Aragón. Tras o triunfo da Gloriosa(Septiembre de 1868), participó na Xunta revolucionaria de Madrid e foi nomeado director xeral de Telégrafos. En 1869 elixirono diputado por Ourense para as Cortes que promulgaron a nova Constitución. En 1871 foi elexido diputado por Vigo. En 1873, tras a proclamación da República, foi nomeado ministro de Fomento durante o gobierno de Nicolás Salmerón. Dende o seu ministerio promoveu importantes cambios dentro da administración do estado e da educación, realizou numerosas obras públicas. Organizou e regulamentou os servicios dos fareiros, creou unha división pra inspección e vixilancia do ferrocarril, estableceu sindicatos e xurados de rego, creou unha xunta para o control do Canal Imperial de Aragón, creou as xuntas de portos, o gabinete de Historia Natural, o Xardín Botánico en Madrid, unha comisión pra elaboración do mapa xeolóxico de España e o do Instituto Xeográfico, ademais de descentralizar todo o sistema de obras públicas. Durante o seu mandato, presentouse en Xuño do 1873 o primeriro plan xeneral de instrucción pública, realizado por Xuan Uña, baixo a inspiración de Francisco Giner dos Ríos. Con este plan incorporabanse novas materias e estructurabanse as vellas, como a antropoloxía , a bioloxía e a ética; a cosmoloxía e a teodicea, a química xeral, mineral e orgánica, a uranografía e a xeoloxía , a botánica e a zooloxía ou a tecnoloxía. A proposta ensinaba un fondo de interése para o desenrrolo das ciencias físico-naturais e recollia as vellas ideas liberais de “ciencia, progreso e benestar”.
Tamen se promoveu dende ese ministerio a creación da cátedra de Histología Normal y Patolóxica na facultade de Mediciña de Madrid, a creación da cátedra de Química Aplicada as artes na Universidade de Valencia; a reorganización da enseñanza nas facultades de Filosofía e Letras, Ciencias Exactas, Físicas, Naturais e la regulamentación das oposicions a cátedra.A sua preocupación po-la educación levouno a sua primeira xunta directiva da Institución Libre de Enseñanza, a comisión de propaganda e a tesorería desta institución. Ainda que no fin da República abandoou a vida política, seguiu mantendo a actividade pública, sobre todo en Vigo, cidade na que se instalou no 1880. No 1881 estableceu en Vigo un observatorio meteorolóxico traído dende Inglaterra, sobre o que publicou unha pequena obra de divulgación titulada “El observatorio meteorológico de Vigo”1884), na que se expoñían unhas pequeñas nocions de meteoroloxía teórica e práctica(incluindo un apartado sobre o clima de Vigo). Como xornalilsta colaborou con publicacions madrileñas como “El Espectador”, “La Guindilla”, “El huracán”, “El Eco de las Barricadas”, “La Discusión”, “El Crédito”, “El Correo de Ultramar” y “La Justicia”; e galegas entre as que atopamos “La Ilustración Gallega y Asturiana”, fundada por su hermano, “La Oliva”(luego El Miño), fundada en 1886 junto Manuel Murguía y Juan Compañel, “La Concordia de Vigo”, “La Gaceta de Galicia” e o “Diario de Santiago”.A sua obra tratou diversos temas, tanto científicos como políticos ou históricos. Vigo foi obxeto de atención en moitos dos seus traballos: “Necesidades del provenir de Vigo”(1881), “El ferrocarril y el puerto de Vigo”(1883), “Defensa del proyecto del puerto comercial de Vigo”(1884), “Comparación de las observaciones de la zona Cantábrica”(1885) e “El verdadero ferrocarril de Madrid a Vigo por Ávila, Salamanca y Portugal”(1886). Sobre os problemas económicos que afectaban a Galicia escribiu “La ostricultura en Galicia”(1880), “y el proyecto de ley contra la excesiva división de la propiedad y del suelo en Galicia”(1873). Entre sus obras de carácter histórico sobresalen “Razones de España par la revolución de Septiembre”(1840), “Los republicanos y la época”(1842),”Historia de la militar y política de Martín Zurbano”(1846), o prologo das “Páginas contemporáneas de Baldomero Espartero”(1846), “La guerra de Cataluña”(1847), “Cuadros de la geografía histórica de España desde los primeros tiempos prehistóricos hasta el día, con varios mapas de los diversos dominios”(1849); “Diccionario de la política”(1850) y “Diccionario enciclopédico de la lengua española”(1853). En el ámbito científico, dirigió la “Revista Química Matritense(desde el año 1851), y “Los tres reinos de la naturaleza”(1852); escribiu un Tratado de Mineroloxía, así mesmo, en colaboración con Nemesio Lallana, redactou un Curso elemental de Minerología Médica”(1884). Ademais colaborou na Biblioteca Ilustrada de Gaspar Roig e fundou a Biblioteca do Home Libre. Foi presidente honorario da Sociedade de Socorros La Coperativa, iniciador da Escola de Artes y Oficios, e do Real Colexio de Farmacéuticos de Madrid. Morreu en Madrid en 1887, a sua morte o concello de vigo deulle o seu nome a unha das suas ruas do núcleo histórico da cidade, onde se localizaban as Escolas do Centro que, a partires dese momento, pasaron a ser coñecidas como Escolas Chao.

Páxina 01  02  03  04  05  06  07  08

Escudo dos Sarmiento

A Granxa (Cubas)

A Granxa (Vendima)

Casco Vello

Praza G. Boente

Viñas do Ribeiro

Home

   © 2003 Grupo5.com