info@ribadavia.com 

 

PERSOAXES ILUSTRES


GUSTAVO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

General de enxeñeieros da Armada, naceu en Ribadavia o 24 de Agosto do 1841. Cursou estudios na Escola de Minas, que abandoou para ingresar por oposición na escola de Enxeñeieros da Armada (1866) co grado de alférez de fragata. Dende 1868, año no que abandoa este centro de formación, ata 1902, fecha na que ascendeu a general de brigada, desempeñou diversos destinos nos arsenais de Ferrol e Cartegena, foi Mestre de Construcción naval e Máquinas de Vapor da Escola Naval Flotante, así como xefe de estudios da Maestranza. No Ministerio de Marina estivo destinado na sección segunda do Consello Superior e na secretaría do Centro Consultivo. Foi también oficial primeiro das Direccions de Persoa e Material e xefe do negociado da Inspección Xeral de Enxeñeieros. Foronlle confiadas ademais, varias comisions técnicas en España, Francia, Italia e Inglaterra.
Sendo general de Brigada, desempeñou o cargo de subinspector de Construcciones Navais(1906).
Gustavo Fernández e autor de importantes traballos profesionais, tales coma o “Curso de máquinas marinas de vapor”, con catro ediciones e un informe favorable da Real Academia de Ciencias; “Lecciones de construcción naval”, obra utilizada, o mesmo que a anterior, como texto en distintos centros de estudo; “Teoría y descripción del servomotor Tallerie.Descripción dun parato apropiado pra facilitar o arrastre de buques, traballo cuios méritos pondera Eduardo Saavedra nun informe dirixido o Ministerio de Mariña.
Colaborador asiduo da Revista Xeral de Mariña, os seus dous artígos titulados “Algunas observaciones acerca del combate naval de Tsushima” y “Alrededor del buque de combate”(1905) foron reproducidos, debido a sua singular importancia, na Revista Marítima Italiana. Foi elexido numerario da Real Academia de Ciencias en 1906, e un ano despois, con motivo da sua toma de posesión, disertou sobre “El buque de combate”. Faleceu en Madrid o 20 de Xaneiro de 1929, estaba en posesión de varias cruces o mérito naval, placa e gran cruz de San Hermelegildo, entre outras condecoracions.


D. JOSÉ MARÍA RODRÍGUEZ BENTIN

Alcalde de Ribadavia no 1888.
Entusiasta po-la cultura, a él se lle deben que moitos fillos de Ribadavia recibiran educación gratuita.
Foi o impulsor da creación da Rúa dos Fornos e da reparación de Santo Domingo.


D. FELIPE VIÑAS Y VICTORIA

Xuiz de 1ª instancia de Ribadavia, maxistrado despois do Tribunal Supremo de Xustiza e Senador do Reino.
En 1847 foi nomeado, primeiro, promotor fiscal e logo xuiz de 1ª instancia.
Home dotado de gran intelixencia, ilustración extraordinaria e incansable actividade, de carácter enerxético, emprendedor e de poderosa iniciativa, empezou a dirixir a política local para ben de Ribadavia por aqueles anos ademais da restauración do Hospital e o rescate dos seus intereses.
Contando co respaldo de D. Antonio Rodríguez Baamonte e do seu hirman D. Florentino, ministro de Gracia e Xustiza, dedicouse a reformar e mellorar as condicions desta vila con gran acerto e decisión.
A falta dun local decente para a administración de xustiza fixo que se derribara o Concello reconstruindo este de novo e dándole un segundo piso alto no cal se colocaron toda-las dependencias xudiciais. No baixo situouse a cárcel con cociñas e departamento para homes e mulleres.
Do seu tempo e tamen a construcción da fonte da Alameda(hoxe desaparecida) e a galería principal que surte o agua.
Existía naquela época no Arquivo do Concello diferentes documentos antigos como fueros e privilexios concedidos a esta vila po-los Reis os cales, po-la sua remota fecha, ainda estaban en latín bárbaro debido a isto mandou o sabio Abad de Vieite, o doutor D. Vicente Eguía (mexicano), moi distinguido paleógrafo, traducir estes interesantes documentos. Entre o documentos encontrabanse:
- O fuero municipal de Ribadavia por Fernando I de León en 1164.
- Un privilexio concedido a esta vila por Alfonso X El Sabio en 1256.

Natural de Ferrol , morreu en 1886 en Madrid.


JOSÉ OGEA

Natural de Cortegada onde naceu o 16 de Agosto de 1845.
Estudou Farmacia en Santiago ainda que debido os seus ideais republicanos tomou parte en varios movementos revolucionarios, vendose por elo perseguido tendo que emigrar a Portugal.
No tempo en qué foi Diputado Provincial de Ourense renunciou a cobrar as dietas, chegando logo a ocupar un posto entre os Diputados das Cortes.
De regreso a Portugal, pusose o frente da farmacia do seu pai.
Entre as suas obras cabe destacar: “Céltigos”(Ourense 1883), “Mundo Rural”(Ourense 1890); tamen e autor de cadros de costumes, contos, lendas rexionais.
Notable e a traducción da obra de A. Tensson “Leyendas de la Reina”.
Escribiu o prólogo da primera edición de “Aires da Miña Terra” (Ourense 1880) e diversos traballos en revistas e xornais.
Morreu en Cortegada o 3 de Decembro de 1909.


JESÚS SÁNCHEZ ORRIOLS (CHUCHO)

Naceu en Ribadavia o 22 de xaneiro de 1914.
Licenciado en Dereito po-la universidade de Santiago, carreira que nunca exerceu, desde moi xove foi un voraz e multifacético lector de: teatro, novela, poesía, historia, ensayo político, socioloxia, libros de arte, economía, filosofía etc.
Home erudito vinculado coa cultura de Ribadavia, foi a alma mater de “Abrente”(asociación cultural), onde desempeñaba a actividad teatral de Ribadavia que a partires de 1973 vai ser durante moitos años capital galega do teatro.
Durante anos e anos, Chucho, instalou a sua cátedra alí donde a palabra non e obrigatoria: no café, taberna, o pé dunha “lareira”, nos paseos baixo as parras do río Avia....
O longo da sua vida foi recopilando unha extensa colección de libros que doou o Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde se conservan.
Morreu en Ribadavia o 17 de Septembro de 1992.

DELFÍN FERNÁNDEZ ÁLVAREZ

Naceu en Arnoia o 8 de Maio do 1949.
Técnico da Administración pública e Concellal do Concello de Vigo.
E Licenciado en Teoloxía e en Psicoloxía, cursou o doctorado en Socioloxía.
Anteriormente foi director do INEM , director xeral de Servicios Sociais e delegado en Galicia do Ministerio de Asuntos Sociais.

Se queren porse en contacto con el puedeno facer a través do correo electrónico: opi.empresario@vigo.org
ou na dirección: Plaza del Rey, Vigo, Pontevedra.

Información recopilada do libro “El Correo Gallego, Quién es quién en la Galicia el siglo XXI”(Biblioteca Pública de Ribadavia).

Páxina 01  02  03  04  05  06  07  08

Escudo dos Sarmiento

A Granxa (Cubas)

A Granxa (Vendima)

Casco Vello

Praza G. Boente

Viñas do Ribeiro

Home

   © 2003 Grupo5.com