info@ribadavia.com 

 

PERSOAXES ILUSTRES

LUÍS AMARO CENDÓN

Naceu en Ribadavia o 19 de Abril de 1960.
Farmacéutico e Presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra.
E Licenciado en Farmacia.
Anteriormente foi vocal da Xunta de Goberno do Colexio de Pontevedra(1994-1997) e vocal autonómico por Galicia no pleno do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, entidade da que e contador na actualidade.

Se desean porse en contacto con él podeno facer na dirección: Echegaray 10, Pontevedra
ou no e-mail: cofpo@recol.es

Información recopilada do libro “El Correo Gallego, Quién es quién en la Galicia el siglo XXI”(Biblioteca Pública de Ribadavia).

Dentro do ámbito empresarial temos a:

EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA

Político e importante hombre de empresa, naceu en Cenlle no 1917.
E mestre nacional, profesión que exerceu durante mais de vinte anos en Castrelo de Miño.
En 1959 foi nomeado presidente da Hermandad de Labradores de Castrelo e concellal deste concello.
Os seus primeiros pasos como empresario tamen se inician en Castrelo, onde monta una cooperativa de reparto de productos.
En 1959, foi nomeado xerente de UTECO e comenza a perfilar o seu ambicioso proxecto; impulsar COREN(cooperativas ourensanas),a través de UTECO(unión territorial de cooperativas ourensanas); e ir incluindo dentro do ciclo económico cooperativo o máximo de fases da actividade, dende a producción de materias primas, ata a comercialización dos productos finais.
No 1961 decide crear a CAJIXA RURAL; a partires de ahí sucedense as novas realizacions: cooperativa provincial agrícola, planta de incubación, cooperativa provincial de productores de hovos, cooperativas de vacuno, granxas de porcino etc.
Tras vinte anos na xerencia de UTECO e CAIXA RURAL declarase defensor da autonomía para Galicia e controla os principais centros de poder económico e político da provincia de Ourense.


AVELINO FERNÁNDEZ RIVERA

Naceu o 10 de Outubro de 1926 Na Veiga (Ribadavia).
Empresario e presidente do Consello de Administración do Eixo Atlántico de Automóviles, S.A.
Foi profesor mercantil e actualmente e presidente de Cufinga, S.A( Club Financiero Internacional Galego de Negocios)
Anteriormente foi presidente da Asociación de Empresarios Españois en Río de Janeiro; presidente de Empresarios Galegos do Exterior (Fegaex).
Obtivo as seguintes distincions: Medalla de Honrra da Emigración; Premio a Galeguidad, Ciudadano Honorario do Estado de Río de Janeiro e Cruz de Cabaleiro.

Se desean porse en contacto con él podeno facer na dirección: ctra. Bayona, 106 Vigo, Pontevedra.

Información recopilada do libro “El Correo Gallego, Quién es quién en la Galicia el siglo XXI”(Biblioteca Pública de Ribadavia).


EVENCIO MEIXENGO ARMADA

Naceu en Arnoia o 18 de Novembro de 1943.
E Xerente e propietario de Meixengo Banunternehmen GMBH.
Estudou Maestría de Construcción Alemana.
Actualmente e presidente do Centro Galego de Hannover.
Foi membro representante de Volksbank de Lehrte(Alemania)
Entre as suas distincions están a de vicepresidente de honrra do Centro Galego de Hannover.

Se desexan porse en contacto con él podeno facer na dirección: Louise- Otto- Ring, 8, Lehrte, Hannover(Alemania)

Información recopilada do libro “El Correo Gallego, Quién es quién en la Galicia el siglo XXI”(Biblioteca Pública de Ribadavia).

Dentro do ambito das artes plásticas temos a:

SILVIO FERNÁNDEZ BASTOS

Naceu en Ribadavia no 1859.
Estudou bacherelato no Colexio de Escolapios de Celanova, onde tivo de mestre de Debuxo a Juan m. Cañellas, e en Ourense frecuentou o estudo do pintor José Carabal, entonces alí establecido.
Trasladouse a Valladolid para cursar a carreira de Dereito, traballou baixo a dirección de José Martí y Mansó, director da Academia de Belas Artes vallisoletana. En Madrid estudou durante dous anos, na Academia de San Fernando, estivo logo tres anos en Paris co maestro León Bonnat. Posteriormente, a Diputación ourensana pensionouno en Roma, onde permaneció seis anos.
O seu cadro “Un Mozo de cuerda” foi premiado en 1875, e a sua “Torquemada ante los Reyes Católicos”, presentado a la Exposición Nacional de 1881, mereceu grandes eloxios da crítica. Entre os lienzos mais notables de Silvio Fernández atopanse “La expulsión de los judíos”; “Doña Blanca de Navarra”; “Cristianos a las Fieras”(medalla na exposición de 1887 e pasou o Museo de Arte Moderno); “O xantar”, fermoso cadro de costumes galegas presentado a exposición de 1890.Na Universal de Belas Artes de Madrid(1892) presentou a sua obra “Estudio de cabezas”, actualmente en Valladolid.”A Débulla”, escea típica Do Ribeiro,considerase unha das suas mellores execucions, “Elena de la gruta” e o seu único desnudo. A partires de 1912, no mellor da sua carreira artística, Fernández Rodríguez foi apartándose da pintura. Propietario dunha rica facenda No Ribeiro, loitou contra os falsificadores de viños e actuou no movemento agrario de Acción Galega, intervindo nalguns mítines. Faleceu o 10 de Novembro de 1937 en Ourense.


CARMEN GÓMEZ PÉREZ-NEU

Naceu en Ribadavia no 1919. Alí pasa a sua infancia e comeza a destacar e a ser admirada po-los seus profesores dada a calidade dos debuxos que realiza.
Trasladase a vivir a Vigo onde estuda Comercio no colexio Cluny, alternando clases de debuxo e pintura.
En 1936 pasa unha tempada en Santiago de compostela onde estuda co profesor Mariano Tito Vázquez.
Finalizada a guerra civil, vai a Madrid e dedicase exclusivamente a pintura; copia no Museo do Prado, da clases con Enrique Cubells e con Eduardo Chicharro.
En 1941 fai a sua primeira presentación en público na Exposición Nacional de Belas Artes.Neste mesmo ano presenta tamén, por primeira vez, en Galicia, dous cadros na Exposición Rexional de Belas Artes en Compostela.
En 1943 contrae matrimonio con Joaquín Robla Díez, que foi alcalde de Ribadavia dende 1957 ata 1964. Tamén neste año fai a sua primeira exposición individual na sala Aeollán de Madrid.
En 1949 empeza a interesarse po-lo mundo celta, e acompañada dun grupo de amigos de Ribadavia, visita castros, lugares arqueolóxicos; experiencia que mais tarde verase plasmada en cadros sobre esta tematica.
En 1953, expon en Madrid na Sala do Circulo Cultural Medina tema “Os Celtas”.
En 1956 realiza as pinturas murais da Capilla do Colexio Menor Calvo Sotelo de Ourense.
En 1959, expon no Liceo Recreco Ourensano
En 1960-62, fai unha exposición rexional de arte no Museo Municipal de Vigo e unha exposición de “Arte Actual en Ourense”, celebrada en Madrid.
Así, ata os nosos dias, non chegarian estas liñas pra cubrir o seu amplo currículo profesional.
Dende o ano 1963 reside en Madrid onde ten o seu estudo, na Praza España, alternando a sua estancia na capital do estado con tempadas na sua casa natal de Ribadavia.
Persoa cunha sensibilidade extaordinaria, posee una importante e tenrra colección de moedas de toda-las épocas e países.

FELIPE IGLESIAS MOSQUERA

Naceu en Razamonde o 7 de Agosto de 1952.
Pintor, estudou Artes e Oficios en Ourense.
Foi membro de UTSG(Unión de Traballadores da Sanidade Galega de Ourense) e presidente da sección sindical de Atención Primariade GIG Saúde, da que actualmente e vicepresidente.
Entre as suas obras están mais de 40 exposicions individuais e colectivas en numerosas cidades españolas e extranxeiras, deseño de carteis e murais, participación en programas de TV relacionados coa tematica da arte. Ten obra en coleccions públicas en privadas de diferentes cidades e paises.

Información recopilada do libro “El Correo Gallego, Quién es quién en la Galicia el siglo XXI” (Biblioteca Pública de Ribadavia).

Páxina 01  02  03  04  05  06  07  08

Escudo dos Sarmiento

A Granxa (Cubas)

A Granxa (Vendima)

Casco Vello

Praza G. Boente

Viñas do Ribeiro

Home

   © 2003 Grupo5.com