info@ribadavia.com 

 

PERSOAXES ILUSTRES

FERNANDO S. VALEIRAS SOTELO

Naceu en Cortegada o 20 de Febreiro de 1953.
Artista, pintor e Presidente de Armo(Arte Moderna).
Entre as suas obras topamos: exposicions de pintura; fotografía pintada e debuxo en Galicia , Madrid, Portugal, Cataluña e San Sebastián.

Se queren porse en contacto con él podeno facer na dirección: Pobladores, 17, Vigo, Pontevedra
ou no e-mail: valieras@fernando.to

Información recopilada do libro “El Correo Gallego, Quién es quién en la Galicia el siglo XXI”(Biblioteca Pública de Ribadavia).

Dentro das artes escénicas temos a:

ARMANDO HERMIDA LUACES

Naceu en Ribadavia no 1909.
Traballaba como canteiro cando saiu, en 1929, rumbo a Bos Aires. Como bo emigrante comenza como mozo almaceneiro ata que instala o seu propio negocio de fabricación de cacao.
En 1952 compra unha Bolex de 16mm da que non se separará durante moito tempo.
Monta numerosas empresas como Hermicao o Hermifono, que editará cancions populares galegas recreadas por él mesmo.
Co desexo de ensinar os seus compatriotas emigrados “os cambios positivos” que estaba tendo Galicia”, monta Hermi Films e nas suas viaxes aproveita pra traer filmacions e imaxenes de Galicia: “Galicia o Día”, estrenada en Septembro de 1959 con catro horas de imáxenes das catro provincias galegas e textos recitados polo gran actor “Tacholas”[(Ourense 1909-Buenos Aires 1995), actor de reparto, traballou en mais de 51 películas, consegindo en 1971 o premio o mellor actor de reparto gracias o filme Crónica de una Señora. Foi un dos poucos actores que sempre rechazou interpretar papeis denigrantes para os galegos]. “De Irun a Tuy”, narrada por F.Mira, “Alma Galega” estrenada o 22/9/66 no cine Gloria , nela se exaltan as costumes, festas, romerías e monumentos das catro provincias galegas.“El Emigrante”(1969) filme inacabada con argumento da propia biografia de Armando Hermida: un emigrante inicia a sua estadía en América como simple empregado e monta o seu propio negocio. A pesar do seu éxito comercial na colonia de emigrados galegos, este grupo de películas acadaron duros comentarios na prensa do exilio.

Información recopilada do libro: Historia do cine en Galicia- Edit. Vía láctea- José Luís Castro Paz.


ERNESTO CHAO PINO

Naceu en Ribadavia o 12 de Novembro de 1943.
Actor con cursos de interpretación, voz e dramaturxia.
Foi director do Centro Dramático Galego(1986-1987).
Obtivo as siguientes distincions: Premio Compostela de Teatro o Mellor Actor Protagonista(1993) por “Galileo Galilei”, de Bertolt Brecht e finalista do mesmo en 1991.Foi socio de Abrente e impulsor da Mostra de Teatro Galego.
A partires de 1978 e ata 1985 pasou a formar parte de “Teatro Artello”, onde participou nas montaxes: “Tarará chin-pum, a partires dunha creación colectiva; “Pic-nic”, de Fernando Arrabal; “Las nubes”, de Aristófenes; “A cantante calva”, de Lonesco; “Celtas en filtro”, de Menéndez Ferrín; y “Gulliver F.M”, de Antón Reixa.
Entre 1990-1998 participou no Teatro do Noroeste, co que realizou as obras de: Rey Lear, de Shakespeare, Los justos, de Albert Camus entre otras.
Participou en numerosos espectáculos teatrais, programas na TVE, Antena 3 e na TVG participou en: Imos Aló(1988), Outros Feirantes(1989-1990) e Pratos Combinados(1995,en emisión). Intervindo tamen en películas como “Divinas Palabras(1987), “Urxa”(1989), “La Ley de la Frontera”(1997) e “A Noiva de Media Noite”.


RUBÉN GARCÍA

Naceu en Ribadavia no 1951.
E un dos impulsores do teatro na bisbarra.
Pertenceu a asociación cultural “Abrente”(asociación cultura que desempeñaba a actividade teatral de Ribadavia e no 1973 realizou a primeira mostra de teatro galego que durante 8 anos foi a primeira e a mais importante que se celebrou en Galicia, convertindo a Ribadavia na capital teatral de Galicia).
No 1984 realizouse a “Mostra Internacional de Teatro” da cal e impulsor e director. Dita mostra e o escaparate dos mellores espectáculos que se realizan no Estado español durante todo o año, cunha pequena presencia de teatro internacional dado o pequeno presupuesto co que se realiza. Con dazaoito edicions e o espectáculo máis importante de Galicia e un dos mais antigos do Estado español.


ROSA ÁLVAREZ

Naceu en Carballeda de Avia no 1950.
Membro fundador da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, da Sala Corral de Teatro de Vigo e da Compañía Teatro del Malbarate, presidenta da Agrupación Cultural Abrente e da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia(1994) e membro do grupo Teatro Artello
E unha das actrices mais importantes de Galicia actuando tanto no cine e teatro como na televisión.
Interpretou obras de: Castelao, Moliere, Shakspeare, Cunqueiro, Blanco Amor, Menéndez Ferrín e outros autores galegos e extranxeiros, mayoritariamente no Centro Dramático Gallego e en menor medida noutras compañías: Teatro Atlántico, Teatro de Malbarate, Teatro Abrente.
En 1984 recibiu o premio a mellor interpretación feminina no Festival Internacional de Teatro de Ribadavia po-lo seu papel en Woyzeck, de Bucher, quedou como finalista nos premios Compostela de Teatro(1990-1991) polos papelis en “As alegres casadas”, de Shakspeare, y “A casa dos afogados”, de Miguel Anxo Fernán –Vello. En 1993 obtivo no mesmo certamen o premio a mellor actriz secundaria.
Tamen recibiu os premios: “Maria Casares”, “Premio de Correo Gallego” y “Premio de honor de Abrente”.
Dirixe a Feira de Teatro de Galicia que se realiza en Santiago.
Na TVG protagonizou a serie Imos Aló, fpi actriz invitada en numerosos capítulos de distintas series e na TVE participou na serie "La Memoria Fértil", de Doménech Font.
Participou nas siguientes películas: “Divinas palabras”, de J.L. García Sánchez, “Sempre Xonxa”, de Chano Piñeiro, “Martes de Carnaval”, “O baile das ánimas, “A noiva de medianoite” “La rosa de piedra” y “Trece campanadas”.

Dentro do ámbito musical tenmos a:

JUAN MÍGUEZ “EL VENTOSELA”

Naceu en Ventosela en 1847.
Foi o Gaiteiro de mais fama no seu tempo. Llevou o noso topónimo e a nosa fama por España adelante e po-la diáspora gallega de América.
Nos seus mellores años foi cantado e eloxiado por plumas moi ilustres.
Gañou a certame de Hábeas de Ourense perante un xurado presidido por Emilia Pardo Bazán.
Morreu no 1912.

ÁNGELES GULÍN DOMÍNGUEZ, “PALOMA”

Ángeles Gulín Domínguez, naceu en Ribadavia, no 1939, no seo dunha familia cunha longa traxectoria musical.
Sendo nena emigrou cos seus familiares a Uruguay levando consigo as leccions impartidas po-lo seu pai, director de banda e o sobrenome co que foi coñecida cariñosamente: “Paloma”.
No conservatorio de Montevideo realizou os estudos musicais e no año 1958 debutou na capital uruguaia coa interpretación da “Reina De la Noche” na Flauta Máxica. Alí casou co barítono Antonio Blancas e xuntos volveron a Europa instalándose en Alemania no ano 1965.Durante varias tempadas a parexa Gulín-Blancas formou parte do elenco estable da Ópera de Dusseldorf.
No ano 1968 e co desexo de gañar o concurso “Voci Verdiani” en Busseto,trasladouse a vivir a Italia e dende alí comenzou a sua proxección mais internacional: Covent Garden, La Fenice, Carnegie Hall y Metropolitan quedaron abraiados o escoitar una das mais sensacionais voces de condición lírico-spinta de España”, según a definiu o crítico Fernández Cid.
A relación coa música española, foron abundantes as suas representacions no Teatro da Zarzuela das obras do seu xenero lírico. Tivo éxitos clamorosos no Liceo barcelonés atraves da Gioconda e Aida que se repetiron en Madrid cando cantou A Vida Breve no Teatro Real.
En 1981 unha grave enfermidade apartouna dos escenarios.O 10 de outubro do 2002 a sua voz de extraordinaria potencia e beleza apagouse para sempre.

Páxina 01  02  03  04  05  06  07  08

Escudo dos Sarmiento

A Granxa (Cubas)

A Granxa (Vendima)

Casco Vello

Praza G. Boente

Viñas do Ribeiro

Home

   © 2003 Grupo5.com