|
PERSOAXES ILUSTRES
JOSÉ CÉSAR ÁLVAREZ DEL
CAÑO
Naceu en Castrelo de Miño.
Compositor, cantante e locutor.
Estudou técnica vocal con Francisco Kraus, Guitarra con
Yosmini Otani, Piano con María Cabrero, Armonía no Taller
de Música de Barcelona, Técnica de Interpretación e Dobraxe
de películas. Tamen estudou Maxisterio de Educación
Primaria.
Foi integrante de diversas formacions corais, entre elas
o Coro do Gran Teatro do Liceu de Barcelona; fundador da
maioría das corais galegas existentes en Cataluña;
director e presidente do Coro Universitario Galego de
Barcelona e director do Coro Lonxe da Terra (Centro Galego
de Barcelona)
É compositor e intérprete de obras musicais diversas,
comentarista musical da revista “Alborada”, colaborador
habitual de programas radiofónicos e diversas axencias de
publicidade como locutor de anuncios para radio e TV.
Información recopilada do libro “El Correo Gallego, Quién
es quién en la Galicia el siglo XXI”(Biblioteca Pública de
Ribadavia).
Dentro do ámbito deportivo temos a:
ALONSO ORTEGA CASANOVAS
Naceu en Ribadavia o 3 de Agosto de 1930.
Adestrador nacional de Atletismo e membro do Comité
Técnico da Real Federación Española de Atletismo.
Foi xefe da zoa Da Coruña- Lugo de CAMPSA, responsable
nacional de Fondo e Campo a Través da Real Federación
Española de Atletismo e adestrador olímpico en México,
Munich, Barcelona y Atlanta.
Acadou a Insignia de ouro e brilantes do Real Clube Celta
de Vigo, Mención de Honor da Asociación da
Prensa(1971-1972), varios trofeos, medaias e diplomas da
Escola Nacional de Adestradores de Atletismo.
EL RIBADAVIENSE
Semanario comarcal que se editou entre 1900 e 1936 na
imprenta do mesmo nome publicando mais de 2000 números.
Levou os subtítulos de “Xornal defensor dos intereses
xerais”(1902) e logo “Xornal de intereses xerais”
o que se añadiu o eslogan “Decano dos semanarios de
España”(1931).
Fundado por Máximo Tomé González, foi un dos dous
primeiros directores ata a sua morte en 1925.
Iste semanario e unha publicación paradigmática do que
foi a prensa comarcal galega entre 1900 e a guerra civil,
cunha orientación primeiro liberal e logo nidiamente
republicana e progresista.
En 1933 era o seu director Hermenegildo Rodríguez Casas.
Os galeguistas, sobre todo da comarca, tiveron
presencia habitual.Reproducense poemas de Ramón Cabanillas
e largos artigos en gallego de Antonio Valcárcel, Agustín
Baladrón y Castor Sánchez, militantes ou próximos o Partido
Galegista.
Os temas son os propios dunha revista de información
xeral, acollendo por igual información local, sociedade,
cultura, información xeral sobre o maxisterio e os traballos
de divulgación agraria, ademais de seguir como órgano de
comunicación dos escritores da bisbarra.
O NOTICIEIRO DO AVIA
Órgano oficial do Sindicato Vitivinícola da bisbarra, do cual
era propietario e director Emilio Canda. Empezou a publicarse
no 1912, en Ribadavia, desaparecendo no 1936;
en 1927 declaraba ter unha tirada de 1200 exemplares.
Semanario de carácter conservador e antiautonomista durante
a segunda república, apenas proporciona información do
Sindicato Vitivinícola.
Páxina 01
02
03 04
05
06 07
08

|