|
PERSOAXES ILUSTRES
Existiron e existen numerosos e diversos persoaxes
nacidos en Ribadavia e na bisbarra do Ribeiro que son
coñecidos nacional e internacionalmente.
A continuación faremos unha breve descripción de cada un destes
personaxes que pertencen ou pertenceron a vida
política, social, literaria, científica, empresarial,
artística, musical etc...
Dentro da literatura e o periodismo tenemos a:
FRAY TOMÁS DE LEMOS
Este relixioso dominico, naceu en Ribadavia o 24 de
Dicembro de 1559; emparentado coas nobles casas de Lemos
, Ulloa e Novoa; estudou na sua vila natal gramática e
humanidades, logo proseguió en Salamanca onde cursou
dereito civil e canónico e obtivo o título de licenciado in
utroque jure.
Manifestou a sua vocación sacerdotal, entrando de novicio no
convento de Sto Domingo no que profesou no 1598.
Foi completar a sua formación o Colexio de San Gregorio de
Valladolid. Aquí recibiu o grado de maestro en Sagrada
Teoloxía.
Desempeñou o cargo de Cátedra de Teoloxía na universidade
de Valladolid, cargo do que foi apartado para exercer de
predicador de misions por terras de Castilla e Galicia.
Felipe III ofreceulle dous obispados os cales rechazou; Paulo V
nombrouno consultor xenera do Sto Oficio, confesor privado e
mestre do Sacro Palacio, cargo no que deberon
conservarlle os seus sucesores Gregorio XV y Urbano VII, polo menos
ata que enfermou, anciano e cego retirarase, cunha
pensión de Felipe III, o convento de dominicos da
Minerva, en Roma, onde falece o 23 de Agosto de 1629.
Entre as suas numerosas obras cabe destacar catro tomos da
Panoplia Gratie e 19 opúsculos, que se encontran no
arquivo romano da orden dos predicadores.
LEOPOLDO MERUENDANO ARIAS
Naceu en Ribadavia o 16 de Febreiro de 1845. Cursou, ata
doctorarse en Teoloxía, a carreira eclesiástica, que, logo
abandoou pra seguir a de Dereito, en Santiago, exerciendo
de abogado, na sua vila natal(Ribadavia) onde morreu no
1920.
Ademais da sua meritoria labor como alcalde de Ribadavia
durante mais de seis anos(a sua morte pusoselle nome a una
calle e colocouse unha placa na sua casa), colaborou
asiduamente en xornais e revistas galegas, ademais de
publicar varios estudos históricos acerca de Ribadavia.
Cabe destacar, entre outras: “La Virgen del Portal de
Ribadavia y su capilla”, “Origen y vicisitudes de las cuatro
parroquias de la villa de Ribadavia, de sus conventos y de
los hospitales de la misma”, “Los judíos en Ribadavia”,
“Apuntes históricos sobre la vida, trabajo y escritos del
insigne Fray Tomás de Lemos” ect.
URBANO FERREIROA
Oriundo da parroquia de San Felíx de Navio onde naceu o
30 de Septembro de 1845.
Despois de seguir no seminario de Ourense os cursos de
carreira eclesiástica, que ampliou logo en outros seminarios e
universidades, estivo moito tempo en Roma, onde reuniu
os materiais para as suas principais obras impresas, entre
as cales destacan: “Historia Apologética de los Papas”; “El
primer perseguidor de los cristianos”.
Figura dignamente como colaborador ou redactor de varias
revistas.
En Valencia fundou a notable revista “Soluciones Católicas”.
Pertenceu a Academia Filosófica de Santo Tomás de
Bolonia, a dos Arcades de Roma e a Real Academia de
da Historia en Madrid.
Morreu no seu pobo natal o 21 de Febreiro de 1901.
CELEDINIO OSORIO LA FUENTE
Naceu en San Esteban de Castrelo de Miño o 17 de Febreiro de
1847.
Cursou, como alumno interno, no Seminario Conciliar de
Ourense, onde recibiu o grado de bachiller en Sagrada
Teoloxía, obtendo en todo-los exames nota suprema.
En unión do Doctor Don Venancio Moreno Pablos e de Don
Urbano Ferreiroa, fundou “La Nacionalidad”, xornal
bisemanal no cal sostivo brilantes campañas.
Na Universidade de Madrid recibiu a investidura de
Licenciado en Dereito.
Dedicado o periodismo na Corte, foi un valeroso e
infatigable adalid das ideas católicas durante o período
revolucionario.
Na revista “Soluciones Católicas” publicou unha serie de
monografías dos filósofos do seculo XIX, revelando en
todas elas un gran espíritu de observación e os seus profundos
coñecementos literarios e filósofos.
Faleciu en Ourense o 8 de Febreiro do 1899.
GUMERSINDO BUJÁN
Destacado escritor ribadaviense. Realizou os estudos de
bacherelato cos P.P escolapios de Celanova sendo un
dos mais distinguidos daquel centro docente.
Cursou a carreira de Dereito en Madrid e ingresou no corpo
xurídico, despois dunhas brilantísimas oposicions.
Foi promotor fiscal dos xuzgados do Carballino, Ribadavia,
Xinzo, Sarriá.
Desempeñou nos xuzgados de instrucción e 1ª instancia da
Cañiza, Corcubión, Viana del Bollo, Astorga, Plasencia,
Celanova, Tuy y Vigo, deixando en todos estos gratísimos
recordos po-la competencia e o espíritu xusticieiro con
que desempeñou o seu cargo.
Por ascenso, foi nomeado fiscal da Audiencia de Ourense,
y mais tarde maxistrado de Badajoz, Salamanca e Burgos.
O crearse as Audiencias provinciais foi encargado da
organización da de Ourense, cuya secretaria desempeñou.
Desempeñou comisions especiais encomendadas a sua pericia e
tectitud po-lo goberno.
Estudou a situación dos foros de Galicia e escribiu,
entre outras, “Sociedad Gallega”: estudou sobre o contrato
de compañía de familia(1887); “De la propiedad y el
trabajo”, “Rendición forzosa de los foros al dominio
directo” publicado no Diario del Miño en 1900.
Estudou a situación dos foros de Galicia e escribiu,
entre outras, “Sociedad Gallega”: estudou sobre o contrato
de compañía de familia(1887); “De la propiedad y el
trabajo”, “Rendición forzosa de los foros al dominio
directo” publicado no Diario do Miño en 1900.
ELADIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Naceu en San Clodio o 27 de Xullo de 1864. Pasiu a sua infancia
na sua aldea natal, nas terras Do Ribeiro de Avia,
sempre presentes nos seus versos.
Trasladouse A Coruña e ali alternou o seu traballo como
funcionario municipal, no cal Xubilouse como oficial
maior honorario, coa labor xornalistica.
Colaborou en numerosos xornais e revistas( Revista
Gallega, Galicia), dirixiu os diarios: La Mañana y El
Noroeste. Esta segunda tivo un suplemento cultural Nós,
Páxinas galegas.
Varias das suas obras recibiron galardón e entre elas cabe
destacar:”Os Orfos da Emigración”, “ Desperta”, “Sombras”,
“Paisaxes” etc.
Foi o autor do Diccionario Enciclopédico
Gallego-Castellano. Foi ademais un dos 40 membros
numerarios fundadores da Real Academia Gallega; da que
foi secretario e presidente dende 1926 ata 1934.
Morreu Na Coruña en 1949.
SAMUEL EIJÁN LORENZO
Naceu en San Clodio el 10 de Mayo de 1876.
Perteneceu a orde franciscana e recibiu o sacramento
sacerdotal en Septembro de 1899.
Ocupou importantes cargos dentro da sua institución relixiosa:
superior do convento do Santo Sepulcro en Jerusalén;
procurador xeral de Tierra Santa; definidor provincial;
ministro provincial e custodio da provincia.
Foi membro correspondiente do Instituto Histórico do Minho;
numerario da Real Academia Gallega; membro nato da
Xunta do Patronato da Obra Pia dos Santos Lugares e
cabaleiro comendador con placa da orde de Isabel La
Católica.
A sua obra e moi extensa e abarca prácticamente todo-los
xeneros literarios: poesía, narrativa, teatro.....
Desenrrolou unha gran labor xornalistica como colaborador de
revistas e director do “El Eco Franciscano”.
Entre as suas obras cabe destacar: “Notas Ribadavienses: los
franciscanos en Ribadavia”; “Historia de Ribadavia y sus
alrededores”, entre moitas outras.
Murió en Santiago en 1945.
MANUEL FERNÁNDEZ MENÉNDEZ
Naceu en Ribadavia no 1888.Foi o traductor, a esa lingua,
de Ariel, “el sermón laico”do gran ensayista urugayo José
Enrique Rodó.
Morreu en Montevideo no 1974.
Páxina 01
02
03 04
05
06 07
08

|